5 comentarios

OBRADOIRO DE COCIÑA SAUDABLE

Os/as alumnos/as de bacharelato de Ciencias da Saúde están traballando todos os martes de 15.40h a16.40h para aprender a:
*Almorzar de xeito adecuado, completo e mesturando ben os alimentos.
*Recetas para elaborar uns platos ricos ricos, a base de ingredientes naturais, como os alimentos ecolóxicos.
*A relación entre “omegas” e inmunidade, fontes naturales de W3, W6 e W9, así como para qué sirve cada un deles.
*Prevención de determinados problemas de saúde: colesterol, osteoporose, hernia de hiato, estreñimento,resfriados, dor de garganta...., con alimentación sana e equilibrada.
*Os derivados da soia e as súas indicacións en platos culinarios.
*Degustacións para decidir o que a cada un lle gusta e poder renovar ou modifcar na sua dieta diaria.

“Sabendo cada día un pouquiño somos máis libres para poder decidir qué comer e canto comer e así mellorar a nosa saúde”.

E...máis, si queredes participar...saber cousas novedosas sobre alimentación...
buscades un remedio natural, ou mesmo un consello sobre cómo alimentarvos; contactade con nos pola WEB de Ciencias, deixádenos un comentario e axudaremos no que poidamos.Contestaremos as vosas dúbidas moi gustosamente.





6 comentarios

UN BISCOITO SAUDABLE

ESTA RECETA FOI ELABORADA POR ALUMNOS/AS DE 1º ESO A.

*UN IOGUR NATURAL ECOLÓXICO OU KEFIR
* 3 OVOS ECOLÓXICOS
*UNHA MEDIDA DO VASO DO IOGUR DE ACEITE DE OLIVA VIRXEN, DE PRESIÓN EN FRÍO, MELLOR
*TRES MEDIDASD DE FARIÑA DE TRIGO INTEGRAL
*DUAS MEDIDAS DE AZUCRE MORENO DE CAÑA INTEGRAL
*LEVADURA
*RAIADURA DE LIMÓN ECOLÓXICO

BATIDES TODO XUNTO, METEDES NUN MOLDE PARA O FORNO E POÑEDES A TEMPERATURA 150ºC-200ºC DURANTE ½ HORA OU 45 MIN.

BON PROVEITO!!



0 comentarios

Visitamos a Facultade de Ciencias da UDC

O día 14, visitamos a Facultade de Ciencias da UDC.
A presentación correu a cargo do Vicedecano de bioloxía e levounos ós orixes do universo para despois aterrizar no noso planeta e facernos partícipes das futuras investigacións que nel se están a facer
Por qué?, tí sabes que é Ciencia? según o diccionario ”Ciencia é o coñecemento verdadeiro das cousas polos seus principios e as suas causas” agora podedes reflexionar pero facendo centos de preguntas porque na Ciencia son mais importantes que as posibles respostas, coma sempre nos din as profesoras: “a curiosidade invita o coñecemento”.
De novo atopámonos co lema “SIN CIENCIA NON HAY CULTURA”
E de novo, como anécdota común ós departamentos que visitamos
QUÍMICA ORGÁNICA, XENÉTICA,XEOLOXÍA E OS SERVICIOS DE APOIO A INVESTIGACIÓN ,CSI é a mellor serie científica de todos os tempos, e para nós e como estar no instituto, sempre comentamos a serie porque aplican a metodoloxía científica para despois deducir.
Pareceunos que de Ciencia non andamos tan mal, e ainda queda un ano por diante...
Deixamos algunhas das fotos que fixemos por alí...