4 comentarios

¡¡AL RICO BIZCOCHO NATURAL EN CLASE!!

COAS MANS NA MASA!!!!!!!!

PARA QUE NON SE DIGA QUE AS CIENCIAS SON ABURRIDAS, OS ALUNOS DE 4º DE CIENCIAS MEDIOAMBENTAIS FIXERON, COA AXUDA DA PROFESORA, BISCOITOS ATA QUE ENZOUFARON BEN AS MANS DE FARIÑA E OVO.
TODAS AS RAPAZAS E RAPACES (PARA QUE NON SE DIGA QUE OS RAPACES NON ENTENDEN DE COCIÑA) TROUXERON OS SEUS OVOS, LIMÓN E IOGUR, E APORTARON CARTOS PARA A COMPRA DOS DEMÁIS INGREDENTES.
A RECEITA FOI ESTA:

- 3 OVOS
- 1 IOGUR NATURAL(SEN AZUCRE)
- 3 VASIÑOS DE FARIÑA
- 2 VASIÑOS DE AZUCRE
- 1 VASIÑO DE ACEITE DE OLIVA VIRXE
- 1 SOBRE DE LEVADURA…

… E A BATIR!!!

AO PRIMEIRO A XENTE QUERÍA USAR A BATIDORA CO SEU BISCOITO PERO EN VISTA DA MAÑA QUE LLE DABAN, ENCARGOUSE A PROFE DO ASUNTO (PARA EVITAR MALES MAIORES).
OS ALUMNOS LEVARON CADANSEU BISCOITO Á CASA E METÉRONO NO FORNO. HABÍA OPINIÓNS PARA TODOS OS GUSTOS, A MIÑA...

UN 10!!!!!!!!!!!!!!!!!!









0 comentarios

XA ESTAMOS TRABALLANDO NO RÍO

Por PATRY VILANOVA PEREIRA
Un grupo de alumnos de 4ºE.S.O de Ciencias da saúde colaboramos no "Proxecto Ríos" da asociación ecoloxista ADEGA. Aprendemos moitas cousas sobre a natureza, entre elas a multitude de bichos biolóxicos e naturais que conviven no Rego da Balsa, o regato que está ao lado do noso centro. Os monitores entre os cales había un moi atractivo, (opinión das alumnas) e que fixo algún que outro regalo. Tamén nos ensinaron a diferenciar as follas das árbores que forman a bonita paisaxe dos arredores dun río. Nunca saberiamos que o lado do noso instituto había tantas cousas interesantes que observar.
Pensaredes que é unha tontería ir a unha excursión a dous pasos do instituto, pero rímonos moito, aínda que pasamos moita vergoña cando os rapaces de bacharelato pasaran durante o seu recreo.
Estamos moi orgullosos de participar no proxecto e de que os monitores (Paco e Cris) nos ensinaran dunha forma tan,tan...como dicilo...PASÁMOLO XENIAL E RÍMONOS MOITO (poñemos isto porque non nos deixan poñer palabrotas). Tamén parecía que as profesoras Ana Luz e Mª José Mosquera o pasaban moi ben, en fin que estaban na súa salsa.





1 comentarios

DIARIO DE BERGANTIÑOS 31 / XI / 06

0 comentarios

XA VOLVEMOS!!!!

09:00 a.m. Como prometemos, aquî estamos, na ûltima conexiôn en directo dende Madrid!!!
As maletas, en teorîa, deberîan estar feitas, porque hoxe despois de ir ô museo e ô xardîn botânico, xantamos e xa nos tedes aî de volta, ohhhh!!!! Sabemos que o estades desexando e que nos votades de menos, pero nôs non queremos voltar,estase tan ben aquî....
Esta noite fîxosenos moi pequena, era a ûltima...Con tal de non durmir estivemos toda a noite facendo carreira continua, pero do baño â habitaciôn e da habitaciôn ô baño!!!!
Aînda ê moi cedo, e non nos dou tempo a comentar a noite cos demais, pero estamos seguros de que houbo festa en tôdalas habitaciôns, e esa parte mellor deixala para cando cheguemos e contârvola en persoa...
Asî son as cousas e asî volas contamos; ata a prôxima e gracias por lernos!!!!

1 comentarios

ISTO REMATA...








Menudo dîa que pasamos!!! Xa pasa de medianoite, e estamos cansadîsimos!!
Como vos dixemos, fomos ô Museo do Prado, e cando a ilusiôn era mâxima, cando as ganas de entrar eran enormes, cando estabamos ata as narices de facer cola...non poidemos entrar! Asique media hora perdida; pero Ana Luz conseguiu unha autorizaciôn do Ministerio de Educaciôn (que ben soa, verdade?) coas sûas influencias, e xa temos cita concertada para mañâ.
Fomos camiñando ata a Estaciôn de Atocha, que mâis ben parecîa que estaba en Sevilla...,e disfrutamos dun pouco tempo libre. Diversas fontes coinciden en que a experiencia e a sensaciôn vivida serâ inolvidable.
Chegamos a Cosmocaixa âs 13:00, pensando que nos esperaba unha variedade de comida que...nunca chegarîa!! Ô chegar atopâmonos coa sorpresa de que o servicio de comida non estaba dispoñible HOXE, e ofrecêronnos a alternativa de xantar uns bocatas, que por certo, estaban de vicio!!!
Inmediatamente comezou o traballo de verdade...
Tras uns instantes de observaciôn libre dividîmosnos en dous grupos e cada un foi facer o seu respectivo taller de fîsica e quîmica. Todo o que aprendemos non volo podedes imaxinar...e o ben que o pasamos...
Exercemos de quîmicos e quîmicas por unha hora, axudândolle â monitora a realizar as prâcticas: tapamos un cubito de xeo cunha bufanda, fritimos un ovo con nitrôxeno lîquido, lavamos unha naranxa tamên con nitrôxeno, fixemos unha ensalada...etc., en resumo, traballamos moi duro.
O problema veu cando nos levaron ô planetario, porque o que mâis e o que menos entrou no planeta en fase "REM".
Pero o traballo non rematou aquî, porque xusto despois fixemos un recorrido pola vida e investigaciôn de Einstein, unha exposiciôn moi interesante que logrou despexarnos un pouco e facernos entrar de novo no plano da eclîptica. Dende isto puxêmosnos mans â obra para intentar relacionar todas as forzas, algo que el non conseguiu facer pero que nos deixou como cometido.
O mellor estaba por chegar...porque nos esperaba un viaxe no metro de 11 paradas!!! INOLVIDABLE, esa ê a palabra que definirîa perfectamente esta experiencia: descubrimos que as portas non abrîan solas, senôn que as tiñamos que abrir nôs, que para baixarse hai que andar a empuxôns, e incluso a algunha deulle tempo a tratar de interpretar un periôdico chino!!
Como collemos atasco, para non variar, solo tivemos un pouquiño para descansar antes de ir ô teatro. Neste tempo, a algunhas persoas xurdiulle unha extraña obsesiôn por comprar loterîa...acabamos empapados (de ciencia e de choiva)
A obra de teatro foi boîsima!!!Outras opinan que o mâis "boîsimo" foi o actor...Miguel Angel Muñoz!!!! Pero poñêndonos serios, tivemos a sorte de topar cuns moi bos actores, que axudados dun interesante argumento fixêronnos disfrutar dunha divertida funciôn. Aproveitamos para darlle as gracias a Violeta pola sûa exitosa elecciôn.
Xa vos adiantamos que mañâ faremos o ûltimo parte informativo con conexiôn vîa satêlite dende Madrid, e o luns poderedes facernos todas as preguntas que queirades en directo dende o instituto, porque lamentablemente, xa estaremos de volta, pois isto remata...

1 comentarios

LA VOZ DE GALICIA 02 / XI / 06

Viaje escolar a Madrid


Un grupo de alumnos de primero y segundo de bachillerato de Ciencias de la Salud del instituto carballés Parga Pondal se encuentra estos días de viaje en Madrid disfrutando de una actividad que el departamento, que dirige Ana Luz Vázquez, viene programando en los últimos años y que aúna los aspectos formativos con el conocimiento de una gran ciudad. Tras llegar el martes a la capital, el grupo acudió ayer a Cuenca para visitar el Museo de Ciencias y la Ciudad Encantada, un espacio natural que desde hace años goza de una protección por la que, pese a no tenerle nada que envidiar, aún esperan los Penedos de Pasarela. De regreso a Madrid, tuvo tiempo para acercarse hasta el centro comercial Xanadú, en Móstoles. Hoy, los escolares tienen previsto conocer el Cosmocaixa y asistir a una representación teatral. Mañana, antes de volver a Carballo, visitarán el jardín botánico y el Museo del Prado.

http://www.lavozdegalicia.es/ed_bergantinos/noticia.jsp?CAT=124&TEXTO=5247180

1 comentarios

SEGUIMOS EN MADRID

Hola a todos/as!!!!
Podedes sentirvos privilexiados, a redactora xefe quere falar con vôs!!!!!
Simplemente, explicarvos que isto: ^,ê un erro do ordenador, que non nos permite poñer tiles normais.
Disculpade tamên porque no artigo anterior non poidemos colgar todas as fotos que queriamos e das que faciamos algún que outro comentario, o ordenador tampouco nos deixa...
O noso itinerario de hoxe ê bastante axetreado...dentro de nada, cando todos acaben de almorzar, iremos coñecer a cidade (Museo do Prado, Praza Cibeles , Palacio de Congresos, faremos compras na rûa Preciados, polo que visitaremos o Afnac, etc.). E tamên nos espera unha tarde de traballo no Museo Cosmocaixa, onde faremos distintos talleres de fîsica ,quîmica e bioloxîa e unha visita guiada â exposiciôn de Einstein...(CANDO COMEREMOS???? NON O SABEMOS...)
Un saûdo!

0 comentarios

ESTAMOS EN MADRID








Bos dîas a tooooodos/as!!!!!!!!
Aquî, en teorîa, temos que contar os sitios todos ôs que fomos e as cousas que facemos, pero sabemos que asî non o ides ler, asique empezamos dicîndovos que non sabedes o que vos estades perdendo!!!!!!
Despois de dar voltas arredor do albergue, atopâmolo. Cansados coma burros, tivemos a sorte de ter que subir a nosa equipaxe ata un cuarto piso; habîa ascensor, pero somos de Carballo... e subimos a pê.
Primeira cea en grupo, macarrôns, polo e patacas, apetecible verdade????? (...)Din que hai que ir durmir... QUE DIS QUE?????
Mêrcores. 08:00 a.m. Hora de almorzar. A cociña estâ cerrada. Temos fame... Por fin, almorzo multicultural.
Saîmos cara a cidade encantada, en Cuenca. Todo ê un pouco abstracto, pero parêcenos que vimos pedras calizas en forma de barcos, setas, os amantes de Teruel (tonta ela e tonto el),etc. Se mirades as fotos entenderêdelo mellor. Deixade voar a imaxinaciôn.
Dirixîmonos â cidade de Cuenca. O primeiro que chama a atenciôn son as impresionantes casas colgantes, que coa fame que levamos, xa lle viamos forma de chistorra...
Ana e Marîa Josê, moi compasivas, deixâronnos ir xantar, porque disque xa faltaban dous asientos do bus...
Cada un foi un pouco por libre, e houbo de todo...O que mâis abonda son tascas para tapeo. Houbo quen case non comeu, nôs por exemplo, fomos a un sitio destes; indecisos, non sabiamos se decantarnos por un esquisito chourizo de cervo ou por uns fungos ô allo, asique como bos galegos... mandâmoslle unhas boas hamburguesas.
Con todo o grupo de novo, fixemos amizade co prôximo artista revelaciôn do ano, un Melendi da vida que estaba xunto â catedral deleitândonos co seu duende. Mirade, mirade, que guapo sae nas fotos.
Sobre as 17:00 fomos ô Museo de Ciencias de Castilla - La Mancha, resultou moi interesante. Nada mâis chegar confundîronnos cun grupo de Almerîa. Fixemos un percorrido dende o pasado, o presente e ata o futuro nunha mâquina do tempo, asentamos os coñecementos adquiridos nas clases sobre o orixe da vida, ADN, formaciôn do universo, enerxîas alternativas, parques naturais manchegos, industria de Castilla - La Mancha.
Como traballamos tanto...disfrutamos dun merecido descanso no Centro Comercial XANADÛ!!!!
Seguiremos informando...